Esta é unha área de traballo que inclúe aspectos diversos modelización matemática, simulación, computación e desenvolvemento de software. Trátase dunha área de investigación transversal, que, ademais de contar cos seus propios obxectivos, garda unha relación próxima co resto da actividade do instituto.
Os seus obxectivos inclúen:

  • Modelización matemática interdisciplinar, fomentando colaboracións de investigadores de diferentes áreas que teñen como obxectivo a creación de novas ideas de valor científico e tecnolóxico
  • Métodos computacionales avanzados, para simulación en ciencia e enxeñaría
  • Desenvolvemento de software e implementación de solucións tanto para problemas relacionados coa física e o sector aeroespacial como para a transferencia de coñecemento para abordar outro tipo de retos de interese para a sociedade

 

Mais información

David Nicholas Olivieri Cecchi
+34 988 387 026
olivieri@uvigo.gal