O instituto conta cunha experiencia en investigación e transferencia en diversos campos, incluíndo aspectos de: mecánica de fluidos, dinámica molecular, óptica, metroloxía, enxeñería e operacións de aeronaves non tripuladas, modelización matemática, misións espaciais e software avanzado (intelixencia artificial, computación, xemelgos dixitais, etc.).
Ademais dos recursos compartidos que ofrece a Universidade de Vigo, as instalacións coas que conta o IFCAE inclúen:
Laboratorio de Reoloxía
Tamén permite realizar análises do comportamento termo-reolóxico de polímeros mediante tests dinámicos a frecuencia constante en barrido de temperatura.
Laboratorio de UAV´s
En particular disponse de seis drons: cinco multirrotores (DJI Matrice 300, DJI Phantom 3, DJI Mavic Mini e multirrotor de dispersión de líquidos) e un de ala fixa (Aerialworks Talon).
Cóntase tamén coas cámaras Sony Nex 7 (RGB), Flir Vue (térmico), Sequoia (multiespectral), ademais de cun LiDAR de estado sólido (DJI LIVOX).
Laboratorio de Óptica
Destaca a instalación dun sistema de pulsos láser de femto-segundos.
Laboratorio de Termofísica
Hay dispoñibles tres calorímetros de alta precisión, un deles capaz de traballar a alta presión.
Ademais, o laboratorio está dotado dun densímetro de tubo vibrante de alta precisión DMA5000 e dun equipo de dispersión de luz.
Por último, cabe sinalar que está dispoñible equipamiento para realizar disolucións con alta precisión.
Centro de cálculo para mecánica de fluidos
Laboratorio de Metroloxía Óptica
Láseres de He-Ne (5 mW), halóxenas diodo (20 mW @ 659 nm), lámparas espectrais (Hg) e halóxenas, diversas cámaras CCD e programas de desenvolvemento propio.
Tamén se dispón de material optomecánico.