Visión

Contribuir á innovación en física aplicada e en diferentes aspectos do sector aeroespacial, potenciando as sinerxias entrambos campos mediante a investigación de excelencia e unha eficiente transferencia de resultados de investigación de forma responsable, recoñecida, multidisciplinar, competitiva e comprometida para impulsar o desenvolvemento territorial social e empresarial da contorna.

Misión

Converterse e posicionarse como un centro de investigación de excelencia e transferencia de I+D sectorial de referencia nos campos da física, os sistemas aeroespaciais e outras disciplinas relacionadas, conectada coas redes nacionais e internacionais máis relevantes.