A fotónica e as tecnoloxías da luz supoñen unha peza crave en moitos sistemas tecnolóxicos actuais.
En particular, desempeñan un papel fundamental no sector aeroespacial. O instituto contribúe neste campo con liñas de investigación tanto fundamental como de transferencia tecnolóxica. Algúns campos de estudo son:
- Estudo de sistemas láser e aplicacións, desde aspectos teóricos de óptica non lineal e plasmónica ata aplicacións de interese industrial en sectores por exemplo o aeroespacial ou ferroviario.
- Metroloxía e sensorización, incluíndo metroloxía e inspección industrial por medios ópticos, desenvolvemento de algoritmos de avaliación da fase de patróns de franxas no ámbito da metroloxía óptica ou iluminación LED intelixente.
- Aspectos de ciencia e tecnoloxías cuánticas, incluíndo a simulación teórica de sistemas ópticos cuánticos, aspectos de sensores ópticos cuánticos, simulación de algoritmos cuánticos ou a implementación destas tecnoloxías en aeronaves non tripuladas.
Investigador responsable: Humberto Michinel
Obxectivos de desenvolvemento sostible
