
En el marco de la red temática nacional sobre luz estructurada FASLIGHT (https://laser.usal.es/faslight/en/home/), nos visita el investigador postdoctoral de la Universidad de Valencia Sergey Ivanov. El 19 de febrero ha impartido un seminario con título “Nonlinear Optical Topological Insulators”.

A Fundación Enaire é unha institución cultural dependente do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostnible, que desde hai tres décadas desenvolve un amplo programa de actividades centradas na arte e a cultura aeronáutica e que na noite deste luns celebraba en Madrid o seu 30 aniversario, nun acto no que fixo entrega dos premios Aeronáuticos 2024. Presidido polo rei Filipe VI e o ministro de Transporte y Mobildad Sostenible, Óscar Puente, neste acto recoñeceuse co Premio Espacio á investigación sobre a eliminación de refugallo espacial realizada polos expertos do grupo Aerolab Manuel Sanjurjo Rivo, Higinio González Jorge e Luis Miguel González de Santos.
“O premio é un recoñecemento ao esforzo que estamos facendo desde o grupo Aerolab e desde o Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE) por impulsar proxectos de investigación no ámbito da navegación espacial autónoma”, salienta o catedrático Higinio González, docente da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense. Publicada na revista IEEE Transactions on Aerospace, o estudo premiado, titulado Estimación de la Posición y Orientación de Objetos Espaciales mediante Inteligencia Artificial a partir de Mediciones LiDAR en Operaciones de Eliminación Activa de Desechos, forma parte da teses de doutoramento de Enrique Aldao, así como da colaboración dos investigadores da UVigo co profesor Manuel Sanjurjo, da Universidad Carlos III de Madrid. “O traballo céntrase na aplicación de tecnoloxía LiDAR nas operacións de redezvous espacial”, consistentes no acoplamento entre diferentes módulos e naves espaciais explica González, e nel participou tamén Luis Miguel González de Santos, quen realizou o seu doutoramento na UVigo.

O Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (Ifcae) da Universidade de Vigo amplía as súas capacidades converténdose en operadora de drons autorizada pola Agencia Estatal de Seguridad Aérea (AESA). Esta autorización, acadada en colaboración coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación da UVigo, permitiralle “desempeñar un rol destacado no desenvolvemento e a expansión de actividades de investigación e transferencia con vehículos aéreos non tripulados”.
Dentro do Ifcae, os profesores Higinio González e Fernando Veiga, líderes do Laboratorio de Sistemas Aeroespaciais e de Transporte (Aerolab) da UVigo, serán os responsables da administración da operadora. “Este grupo de investigación especializouse na robótica aérea e no desenvolvemento de tecnoloxías vinculadas aos drons. Grazas á súa experiencia e coñecemento neste ámbito, poderemos xestionar e optimizar o uso dos drons para os múltiples proxectos nos que o instituto participa”, sinalan os profesores. Os pilotos autorizados, encargados da operación directa dos drons, serán Eduardo Ríos e Gabriel Fontenla, membros tamén do Ifcae e de Aerolab. “Eles recibiron formación especializada e contan coa certificación requirida para pilotar as aeronaves, o cal garante a seguridade e a eficiencia en cada unha das misións que se realicen”, apuntan desde o instituto.

A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acolleu este mércores a celebración dunha xornada que baixo o título Ciclo Enxeñaría Dixital reuniu a representantes de empresas e persoal investigador da UVigo para “coñecer e debater unha visión actual do uso de solucións dixitais en ámbitos industriais”.
O acto estivo organizado polo Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (Ifcae) da Universidade de Vigo, que ten a súa sede no campus de Ourense, e contou coa participación desde o eido industrial de Navantia, Reganosa e Sertogal. O acto estivo coordinado polo membro do citado instituto Francisco Javier Rodríguez, que na inauguración apuntou que este ciclo, que nace con vocación de continuidade, constitúe “unha oportunidade de ter unha visión de distintas industrias, desde a enerxía ao naval, onde se empregan tecnoloxías e ferramentas tecnolóxicas de última xeración”.
- O grupo Aerolab creará unha ferramenta computacional para definir as mellores rutas para os aeroportos de drons
- UVigo e Copasa ultiman o seu deseño dun sistema tecnolóxico de inspección e mantemento de vías férreas
- O estudante de doutoramento Marco Casanova participa na creación do satélite EarthCARE
- A catedrática Ana Ulla participa coa misión Gaia no descubrimento do buraco negro estelar máis masivo da Vía Láctea