Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Desde xuño de 2023, 15 socios de oito países, entre eles a Universidade de Vigo, levan a cabo con financiamento europeo o proxecto Saril. O seu obxectivo é mellorar a sostibilidade e a resiliencia das redes de infraestruturas e loxística da UE, desenvolvendo metodoloxías e ferramentas de xestión fronte a eventos disruptivos, como poden ser incendios ou ciberataques. Esta semana, os seus membros reúnense no campus de Ourense para facer balance do traballo feito e planificar o último ano de proxecto.

O obxectivo desta xuntanza é, explicaron os seus responsables, “avaliar o estado global do proxecto, compartir os traballos da fase de simulacións obtidos das ferramentas desenvolvidas e comezar a traballar no período de validación que lideramos dende a UVigo". A programación arrancou este martes na Biblioteca Rosalía de Castro do campus coa participación dunha trintena de persoas en representación dos 15 socios da iniciativa, desde universidades e centros de investigación a grandes empresas. Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, foi o encargado de darlles a benvida, destacando nas súas palabras o enriquecemento académico que supón o desenvolvemento deste tipo de proxectos pero tamén pondo en valor o impacto social que teñen, neste caso no eido da sostibilidade e resiliencia das infraestruturas.

Ler a nova completa no DUVI.