Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

En moitas rexións do mundo coexisten distintas linguas e moitas veces unha delas evoluciona aumentando o seu uso a costa doutra ou doutras. Co obxectivo de contribuír a ter ferramentas científicas para abordar un tema desta complexidade, os investigadores das universidade de Vigo e La Rioja Iván Area e Marc Jornet veñen de desenvolver un modelo matemático que permite predicir a evolución de cada un dos idiomas nun sistema multilingüístico complexo. Tendo en conta os supostos cos que es probou o modelo, os seus autores afirman que “os resultados amosan que, coa ausencia de políticas lingüísticas acaídas, as linguas minorizadas desaparecen sempre”.

O seu traballo acaban de ser publicado nun artigo titulado A Mathematical Analysis for the Dynamics of Multiple Languages na principal revista da Sociedade Chinesa de Matemática Aplicada e Industrial, a CSIAM Transactions on Applied Mathematics. Iván Area é membro do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais, do Departamento de Matemática Aplicada II e da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo e Marc Jornet pertence á Escuela Superior de Ingeniería y Tecnología da Universidad Internacional de La Rioja. A colaboración destes dous matemáticos neste proxecto, sinalan, xorde do interese de ambos sobre cuestións lingüísticas propias dos seus respectivos territorios, Valencia e Galicia, e “coa idea de analizar modelos cunha ampla diversidade lingüística para ver o que podía pasar”.

Ler a nova completa no DUVI.