Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acolleu este mércores a celebración dunha xornada que baixo o título Ciclo Enxeñaría Dixital reuniu a representantes de empresas e persoal investigador da UVigo para “coñecer e debater unha visión actual do uso de solucións dixitais en ámbitos industriais”.

O acto estivo organizado polo Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (Ifcae) da Universidade de Vigo, que ten a súa sede no campus de Ourense, e contou coa participación desde o eido industrial de Navantia, Reganosa e Sertogal. O acto estivo coordinado polo membro do citado instituto Francisco Javier Rodríguez, que na inauguración apuntou que este ciclo, que nace con vocación de continuidade, constitúe “unha oportunidade de ter unha visión de distintas industrias, desde a enerxía ao naval, onde se empregan tecnoloxías e ferramentas tecnolóxicas de última xeración”.

Ler a nova completa no DUVI.