Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Na madrugada do mércores lanzouse con éxito desde a base espacial de Vandenberg, en California, Estados Unidos, o satélite EarthCARE. Trátase dunha misión da Axencia Espacial Europea e a súa homóloga xaponesa (JAXA) destinada a estudar como as nubes e os aerosois afectan ao clima do planeta Terra. Entre o equipo que participou na primeira liña deste proxecto está Marco Casanova, egresado da primeira promoción da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense e alumno de doutoramento da UVigo. El foi o responsable do computador de a bordo de EarthCARE.

A súa participación nesta misión forma parte do seu traballo como enxeñeiro de operacións espaciais no Centro de Operacións Espaciais da Axencia Espacial Europea, na cidade de Darmstadt, en Alemaña. Tras rematar o Grao de Enxeñaría Aeroespacial, a súa vinculación coa Universidade de Vigo continúa actualmente como investigador non permanente do seu Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais e realizando a súa tese de doutoramento no Programa de Tecnoloxía Aeroespacial, baixo a dirección dos profesores Fermín Navarro (atlanTTic) e de Daniele Tommasini.

Ler a nova completa no DUVI.