SPIN-OFFS

SPIN-OFFS

ILLUMNIA

Illumnia é unha empresa fundada por profesores da Universidade de Vigo coa misión de transferir á sociedade a investigación realizada no laboratorio de óptica do Campus de Ourense. O obxectivo principal é aportar innovación a través de proxectos sostibles, viables e integradores no campo da iluminación eficiente e as tecnoloxías fotónicas.

UNMANNED GALICIA

Empresa de enxeñería de drons na que buscamos dar valor aos datos obtidos por riba da propia operación, para diferenciarnos do resto de operadores de voo UAS. Deseñamos, desenvolvemos e probamos diferentes cargas útiles intelixentes e métodos para diversas inspeccións con UAV, como inspeccións de infraestruturas basadas en sensores de contacto, inspeccións de instalacións solares e outras tarefas de teledetección con UAV.

CLICKONPHYSICS

Membros do instituto lideraron a creación da web clickonphysics, unha páxina con recursos educativos centrados principalmente en actividades manipulativas en liña para a aprendizaxe da Física para estudantes de enxeñería.