Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais

Persoal

Coñeza aos membros do noso equipo

Transferencia

Descubra as nosas capacidades tecnolóxicas e os nosos aportes máis alá do ámbito académico

Investigación

Explore as nosas liñas de investigación e resultados obtidos

Novidades

Coñeza as últimas novas do noso instituto

BENVIDOS AO NOSO INSTITUTO!

A creación do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE) foi aprobada a finais do 2022 pola Universidade de Vigo. O instituto, con sede en Ourense e investigadores nos campus de Ourense e de Vigo, votou a andar a comezos do 2023. O obxectivo do instituto é desenvolver as súas áreas de traballo, integrando capacidades para realizar investigación científica de vangarda, aportando valor á sociedade, apoiando a estratexia rexional de investigación e innovación e vertebrando a transferencia do valor desenvolto na institución académica ao mundo industrial e empresarial.

OS NOSOS EXES E OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS

  • Desenvolver ciencia de excelencia multidisciplinar e competitiva.
  • Dotar ao IFCAE das infraestruturas físicas e científicas necesarias para a súa actividade investigadora.
  • Impulsar a Axenda Científica e unha investigación responsable.
  • Fortalecer o sector aeronáutico e aeroespacial galego a través dunha investigación aplicada focalizada cara os retos sectoriais do RIS3.
  • Impulsar a relación co sector industrial.
  • Dinamizar e favorecer o plan de carreira profesional dos investigadores do instituto.
  • Atraer e reter talento.
  • Impulsar unha estratexia de comunicación e difusión do IFCAE.
  • Impulsar unha gobernanza participativa e multinivel.
  • Impulsar unha xestión eficiente do Instituto e orientada a resultados.
  • Crear cultura corporativa do Instituto.
glenn-carstens-peters-RLw-UC03Gwc-unsplash

Misión

Converterse e posicionarse como un centro de investigación de excelencia e transferencia de I+D sectorial de referencia nos campos da física, os sistemas aeroespaciais e outras disciplinas relacionadas, conectada coas redes nacionais e internacionais máis relevantes.

Visión

Contribuir á innovación en física aplicada e en diferentes aspectos do sector aeroespacial, potenciando as sinerxias entrambos campos mediante a investigación de excelencia e unha eficiente transferencia de resultados de investigación de forma responsable, recoñecida, multidisciplinar, competitiva e comprometida para impulsar o desenvolvemento territorial social e empresarial do entorno.