Capacidades tecnolóxicas

O instituto conta cunha experiencia en investigación e transferencia en diversos campos, incluíndo aspectos de: mecánica de fluidos, dinámica molecular, óptica, metroloxía, enxeñería e operacións de aeronaves non tripuladas, modelización matemática, misións espaciais e software avanzado (intelixencia artificial, computación, xemelgos dixitais, etc.).
Ademais dos recursos compartidos que ofrece a Universidade de Vigo, as instalacións coas que conta o IFCAE inclúen:

Laboratorio de Reología

LABORATORIO DE REOLOXÍA

Dispón dun reómetro de control de esforzo (Haake RS600) que permite realizar medidas viscoelásticas e de fluxo de moi diversos tipos de materiais. Tamén permite realizar análises do comportamento termo-reolóxico de polímeros mediante tests dinámicos a frecuencia constante en barrido de temperatura.

LABORATORIO DE UAVs

Conta con talleres de traballo con drons e material para a instalación de cargas de pago. En particular disponse de seis drons: cinco multirrotores (DJI Matrice 300, DJI Phantom 3, DJI Mavic Mini e multirrotor de dispersión de líquidos) e un de ala fixa (Aerialworks Talon). Cóntase tamén coas cámaras Sony Nex 7 (RGB), Flir Vue (térmico), Sequoia (multiespectral), ademais de cun LiDAR de estado sólido (DJI LIVOX).

Laboratorio de UAVs
Laboratorio de Óptica

LABORATORIO DE ÓPTICA

Dotado de mesas ópticas, compoñentes optomecánicos, compoñentes electrónicos, osciloscopios, taller mecánico, cámara limpa, cámaras de vacío, láseres de distintos tipos, etc. Destaca a instalación dun sistema de pulsos láser de femto-segundos.

LABORATORIO DE TERMOFÍSICA

Dispón de tres baños de control de temperatura cun intervalo de traballo de -50°C a 200°C. Tamén se instalaron varias liñas de presión, unha delas capaz de traballar hata 5000atm. Hay dispoñibles tres calorímetros de alta precisión, un deles capaz de traballar a alta presión. Ademais, o laboratorio está dotado dun densímetro de tubo vibrante de alta precisión DMA5000 e dun equipo de dispersión de luz. Por último, cabe sinalar que está dispoñible equipamiento para realizar disolucións con alta precisión.

Laboratorio de Termofísica
blur, chart, computer-1853262.jpg

CENTRO DE CÁLCULO PARA MECÁNICA DE FLUIDOS

Conta cun clúster con procesadores de última xeración AMD EPYC 9354 (96 fíos) e 768 GB de RAM, máis 6 estacións Intel-Xeon E5-2620 con 128 GB de RAM. 

LABORATORIO DE METROLOXÍA ÓPTICA

Consta duna sala oscurecible con control de temperatura por acondicionamento de aire e mesa con illamento antivibratorio de granito. Láseres de He-Ne (5 mW), halóxenas diodo (20 mW @ 659 nm), lámparas espectrais (Hg) e halóxenas, diversas cámaras CCD e programas de desenvolvemento propio. Tamén se dispón de material optomecánico.

Laboratorio de Óptica