Dous millóns de euros para a investigación aeroespacial en Galicia e o norte de Portugal

O proxecto AeroGanp, liderado pola Universidade de Vigo, acaba de se por en marcha e conta cun orzamento de dous millóns de euros de fondos europeos. Co obxectivo de crear unha rede de investigación aeroespacial en toda a Eurorrexión, o consorcio que o desenvolve está formado por unha ducia de socios, entre os que se atopan as tres universidades galegas e portuguesas de Minho e Porto, centros tecnolóxicos e administracións públicas.