As aeronaves non tripuladas son un campo de investigación transversal, moi adecuado para xerar sinerxias co resto de áreas de investigación do instituto. En particular, os dispositivos fotónicos embarcados en drons teñen un gran potencial disruptivo en certas aplicacións (por exemplo, como sistemas de observación e fotogrametría). Así mesmo, a colaboración entre investigadores con experiencia en drons con outros con coñecementos de fluídos, óptica, simulación ou modelización matemática permiten ter unha contorna adecuada e singular para a xestación e o desenvolvemento de ideas innovadoras, fomentando unha aproximación interdisciplinar aos retos tecnolóxicos.
Algunhas liñas concretas:

  • Enxeñería e operacións de aeronaves non tripuladas: actividades relacionadas coa adaptación de cargas de pago a aeronaves non tripuladas, así como os desenvolvementos precisos na súa xestión de voo e de control, para proporcionar solucións a retos concretos, en ámbitos como a agricultura, xestión forestal e mariña, inspección industrial e civil, etc
  • Optimización, automatización e dixitalización de procesos: procura e adaptación de solucións relacionadas coa robotización de procesos, intelixencia artificial, xemelgos dixitais, realidade aumentada, inspección automatizada, simulación multifísica, etc
  • Prototipos: Desenvolvemento de tecnoloxía relacionada con aeronaves non tripuladas en TRLs baixos, que poidan ser de interese para a industria ou outros actores do sistema de I+D+i

 

Mais información

Higinio González Jorge
+34 988 387 272
higiniog@uvigo.gal