Salgueiro Piñeiro

Catedrático/a de universidade

Área de Óptica
Departamento de Física Aplicada

Información de contacto

Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Pavillón Manuel Martínez-Risco, Despacho 55
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 212
jrs@uvigo.es

Breve CV

José R. Salgueiro doutorouse en física pola Universidade de Santiago de Compostela en 2001 traballando no campo da óptica integrada. De seguido foi profesor convidado na Universidade de Vigo, en Ourense, e comezou a traballar en óptica non liñal co Grupo de Óptica Física. En 2002 realizou unha estadía posdoutoral de dous anos co grupo de física non liñal da Australian National University (ANU) en Canberra (Australia). Posteriormente acadou un contrato do Programa Ramón y Cajal en 2005 na Universidade de Vigo, onde na actualidade é profesor e investiga nos campos dos cristais fotónicos, óptica non liñal, plasmónica e tecnoloxía de THz.